Saltar al contenido
30/05/2014 / paisaxe

Conferencias na ETSAC: ENTRE NOS ATELIER e ROSA SCHIANO-PHAN

O vindeiro venres 6 de Xuño terá lugar no Salón de Actos da ETSAC unha dobre conferencia co seguinte programa: 

– 12:00 Michael Smith Masis, de Entre Nos Atelier. 1 a 1: Sobre Informalidade, deseño social e o empoderamento da comunidade.

1 a 1 trata sobre unha axenda de deseño social humanista dende o empoderamento da comunidade , a conciencia ambiental, a sostibilidade e experiencias “mans a obra” baseadas en procesos de deseño inlcusivos, na súa maioría desenvolvidos cos sectores máis humildes de Costa Rica.
1 a 1 representa unha forma de facer alternativa, pero similar a outras pequenas oficinas de arquitectura en América Latina, que están a traballar en proxectos de pequena escala , con gran impacto para comunidades e usuarios específicos. É un proceso de proxecto centrado no factor humano, que ten como obxectivo presentar a práctica arquitectónica e unha teoría aplicada, en vez de falada. Cando a teoría trascende na práctica, convértese en experiencias colectivas que cambian vidas… Así, unha selección de proxectos son presentados, inclúindo sistemas prefabricados de baixo custo , un manual para a proxectación de guarderías sociaise e sostibles para a Costa Rica, a súa implementación en proxectos construidos, centros de comunitarios de baixo custe , entre outros…

– 13:00 Rosa Schiano-Phan, Universidade de Westminster. Innovación para a refrixeración sen aire acondicionado.

O sistema de refrixeración “Downdraught Cooling” é unha alternativa enerxéticamente eficiente ao convencional aire acondicionado. Esta baseado no efecto da gravidade para crear un unha corrente de aire descendente e, así, circular o aire dende a fonte de refrixeración cara a zona ocupada, no interior do edificio. A fonte de refrixeración pode ser “pasiva” ou “activa”, ou unha combinación dos dous, de aí o termo PHDC (Passive Hybrid Downdrought Cooling- Refrixeración por Corrente Descendente Híbrida Pasiva).
O potencial do PHDC foi demostrado a través da su aplicación nunha serie de edificios en todo o mundo ao longo dos últimos 15 anos, nos que se obtiveron significativos aforros en enerxía eléctrica. Os ventiladores, que son responsables dun 25-35% da enerxía eléctrica necesaria nun edificio con aire acondicionado convencional, evítanse con este sistema. En rexións quentes e secas, o aforro potencial e aínda maior mediante a evaporación de auga dentro da corrente de aire para crear a efecto descendente , coñecido como sistema de “refrixeración pasiva por corrente descendente evaporativa” (PDEC).
Un sistema de refrixeración PHDC pode funcionar en climas quentes e secos (usando PDEC) e baixo condicións de calor moderado e humidade elevada e é , por tanto, de aplicación en moitos lugares de todo o mundo, incluíndo o Reino Unido ou España.

SOBRE ENTRE NOS ATELIER

SOBRE ROSA SCHIANO-PHAN

Cartel web2

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s