Saltar al contenido
31/05/2019 / GCeT

Proxecto SENTA – Cans 2019

Dentro da sección CANS PROXECTA do Festival de Cans 2019_participación da ETSAC e o Grupo GCeT (Galicia Cidade e Territorio).

 

ProxectoSENTA

< ver documento: Proxecto SENTA_Cans 2019

Proxecto SENTA. Convite a sentar. Nos vellos lugares da aldea onde veciñas e veciños sentaban a parolar, ou mesmo a descansar sen máis. Redescubrir estes espazos que aínda existen pero son “invisibles”. Facer visible o que pasa desapercibido e crear reflexións sobre os espazos da aldea. Sentar é un xeito de descansar, mais tamén de pensar e mirar ao redor. O festival permitirá lembrar á xente a importancia dos espazos para estar e de relación.

Primeiro facer un catálogo do que hai, os bancos actuais, os que teñen nome. Despois, aqueles que desapareceron e aínda se albisca no lugar a súa pegada. Tamén, posibilidades de sentar dando valor a elementos que asemellan bancos ou poden servir con un pequeno complemento. Completar indicios. Sinalizar lugares. E por último, inventar novos xeitos de sentar. Acondicionar lugares e mesmo introducir a crítica en espazos que mudaron onde sentar xa non é doado. Así, poderás atopar o mellor banco de Cans, escoller o mellor sitio para sentar a calquera hora do día, ou mesmo experimentar a imposibilidade de facelo naqueles lugares que estragaron a aldea.

Para intervir e facer, os veciños axudan e aportan material seu, de reciclaxe. Pois o lugar non existe sen as persoas e, nesta aposta dende hai anos que fai o festival, sen a pegada dos que viven ao seu carón.  Seguro que algún deles ha quedar para moito tempo.

Alumnos:

Víctor Brea / Paula Castro / Joel Cotardo / Iván Cuellas / Maria Gago / Borja Green / Alba León / David Muñiz / Miguel Otero / Daniel Pérez / Nuno Riveiros

Profesores:

Juan Creus / Pablo Gallego / Jesús Llamazares

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s